thumb| Marie Tharp, nada en Ypsilanti (Míchigan) o 30 de xullo de 1920 e finada en Nyack (Nova York) o 23 de agosto de 2006, foi unha cartógrafa oceanográfica e xeóloga estadounidense que, xunto con Bruce Heezen, creou o primeiro mapa científico de todo o solo oceánico. A obra de Tharp puxo de manifesto a existencia da dorsal mesoatlántica e revolucionou a comprensión científica da deriva continental.
Traxectoria O pai de Tharp, William, fixo mapas de clasificación de solos para o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos de América. A súa nai, Bertha, foi mestra de alemán e latín.
Tharp graduouse na Universidade de Ohio en 1943 con graos de bachelor en inglés e música e outros catro menores. Máis tarde recibiu o grao máster en xeoloxía pola Universidade de Míchigan antes de obter un grao en matemáticas pola Universidade de Tulsa mentres traballaba como xeóloga para a compañía Stanolind Oil.
En 1948 trasladouse a Nova York, onde obtivo un emprego con Maurice Ewing no Laboratorio xeolóxico Lamont (na actualidade coñecido como Observatorio terrestre Lamont-Doherty) na Universidade de Columbia, inicialmente como delineante xeral. Alí Tharp coñeceu a Heezen e nunha obra xuntos empregaron datos fotográficos para localizar avións militares afundidos durante a segunda guerra mundial. Máis tarde, comezaron a traballar xuntos para trazar a topografía do solo oceánico. Durante os primeiros dezaoito anos da súa colaboración, Heezen recolleu datos a bordo do barco do observatorio, o Vema, e Tharp trazou mapas a partir deses datos, posto que as mulleres naquela época aínda estaban excluídas do traballo a bordo dos barcos. Impedida de levar a investigación a bordo a principios da súa carreira por este motivo, máis tarde uniuse á expedición que recolleu datos en 1965. Tharp, independentemente, empregou datos recollidos do barco de exploración da Institución Oceanográfica de Woods Hole Atlantis e datos sismográficos de terremotos submarinos. A súa obra con Heezen representou o primeiro intento sistemático de facer un mapa de todo o solo oceánico.
Tharp e Heezen publicaron o seu primeiro mapa fisiográfico do Atlántico Norte en 1957. Colaborando co pintor paisaxista austríaco Heinrich Berann, publicaron o seu mapa de todo o solo oceánico en 1977, que coincidiu co ano do pasamento de Heezen. Aínda que durante un tempo Heezen estivo a favor da hipótese da expansión terrestre, baixo a dirección de Tharp cambiouse ás teorías alternativas da tectónica de placas e a deriva continental.
Continuou a traballar na facultade da Universidade de Columbia ata 1983, tralo que emprendeu un negocio de distribución de mapas en South Nyack, Nova York, durante o seu retiro.
Faleceu de cancro en Nyack (Nova York) o 23 de agosto de 2006.
Legado O cráter lunar Tharp leva este nome na súa memoria.Planetary Names En 2009, Google Earth incluíu o Marie Tharp Historical Map, para permitir aos usuarios ver o mapa do océano de Tharp coa interface de Google Earth. En 2013, Hali Felt publicou unha biografía de Marie Tharp titulada "Soundings: The Story of the Remarkable Woman Who Mapped the Ocean Floor".Macmillan Publishers: Hali Felt , consultado o 12 de outubro de 2014 Foi citada por The New York Times como "testamento elocuente á importancia de Tharp e ao poder da imaxinación de Felt".Orixinal en inglés: "Eloquent testament both to Tharp's importance and to Felt's powers of imagination".Floating Ideas: ‘Soundings,’ About Marie Tharp, by Hali Felt, New York Times, 25 de xaneiro de 2013, Consultado o 12 de outubro de 2014 The Marie Tharp Fellowship é unha bolsa académica competitiva que se outorga a mulleres que traballan con investigadores do Instituto da Terra da Universidade de Columbia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Francesca Cavallo e Elena Favilli (2017). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Editorial: Destino Infantil y Juvenil ISBN: 978-950-49-5870-3 Ligazóns externas Marie Tharp no álbum ilustrado Geas Marie Tharp na Universidade de Columbia C250 Celebrates 250 Columbians Ahead of Their Time: Entry on Marie Tharp. Woods Hole Oceeanographic Institution. "Marie Tharp Honored at Women Pioneers Seminar." The Earth Institute at Columbia University. "Mapping Methodology Examples (North Atlantic)." The Earth Institute at Columbia University. "Marie Tharp, Pioneering Mapmaker of the Ocean Floor, Dies." Earth Institute News, 23 de agosto de 2006. Nelson, Valerie. "Marie Tharp, 86; Pioneering Maps Altered Views on Seafloor Geology." The Los Angeles Times, 4 de setembro de 2006. Hall, Stephen S. "The Contrary Map Maker" The New York Times Magazine, 31 de decembro de 2006.
Categoría:Nados no condado de Washtenaw, Míchigan Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Xeólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Oceanógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Cartógrafos Categoría:Profesores da Universidade de Columbia