Sally Jane Morgan, nada o 18 de xaneiro de 1951, é unha escritora, dramaturga e artista aborixe australiana. Os traballos de Morgan están publicados en coleccións públicas e privadas, tanto en Australia coma no resto do mundo.
Traxectoria Morgan naceu en Perth, Australia Occidental, sendo a maior de cinco nenos. Cando era nena, Morgan comezou a temer pola súa diferenza cos demais nenos da súa escola, xa que non tiña pel branca, e era frecuentemente cuestionada polos outros estudantes sobre os seus devanceiros. Tiña entendido pola súa nai que os seus devanceiros eran da India. Porén, cando Morgan tiña quince anos, descubriu que tanto ela como a súa irmá eran en realidade descendentes de aborixes, do pobo palku (ou bailgu) da rexión de Pilbara.
Logo de rematar a escola, Morgan comezou a universidade. En 1972, casou con Paul Morgan, un compañeiro de estudos, e durante a década seguinte terminou a súa carreira e tivo tres fillos.
Traballo como escritora A historia do seu descubrimento sobre o pasado da súa familia nárrase en My Place (1987), o cal vendeu máis de medio millón de copias en Australia. Tamén foi publicado en Europa, Asia e os Estados Unidos. O seu segundo libro, Wanamurraganya, publicado en 1989, narra a biografía do seu avó, Jack McPhee. Ó longo da súa vida, escribiu cinco libros máis para os seus fillos.
Morgan é directora (e profesora) no Centro para a Historia e a arte Indíxenas, na Escola de Estudos Indíxenas, situado na Universidade de Australia Occidental. Recibiu moitos premios: My Place gañou o premio humanitario Human Rights and Equal Opportunity Commission humanitarian en 1987, o premio literario da semana da universidade de Western Australia na categoría de non-ficción en 1988, e o premio Order of Australia Book de 1990. En 1993, historiadores de arte internacionais seleccionaron a pintura Outback, de Morgan, como unha das trinta pinturas e esculturas que estarían impresas en estampas, como celebración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Obras Obras biográficas My place (Fremantle: Fremantle Arts Centre Press. 1999 - primeira edición 1987) ISBN 1-86368-278-3 Wanamurraganya, the story of Jack McPhee (Narkaling Productions, 1990). Mother and daughter: The story of Daisy and Glady's Corunna (Narkaling Productions, 1994) editado por Barbara Ker Wilson. Arthur Corunna's story (Narkaling Productions, 1995) editado por Barbara Ker Wilson.
Libros para nenos Little piggies (Fremantle Arts Centre Press, 1991) con Paul Morgan The flying emu and other Australian stories (Viking, 1992) Hurry up, Oscar! (Puffin Books, 1993) ilustrado por Bettina Guthridge Pet problem (Fremantle Arts Centre Press, 1994) Dan's grandpa (Sandcastle, 1996) ilustrado por Bronwyn Bancroft Weather (Allen & Unwin, 1996) editado por David Ellyard In your dreams (Sandcastle Books, 1997) ilustrado por Bronwyn Bancroft Just a little brown dog (Fremantle Arts Centre Press, 1997) ilustrado por Bronwyn Bancroft Life in - a clearing in the forest (Belitha, 2000) Life in- a pond in a meadow (Belitha, 2000) Wildlife in danger (Franklin Watts, 2005) editado por Clare Oliver Waste disposal (Franklin Watts, 2005) Water for all (Franklin Watts, 2005)
Obras teatrales Cruel wild woman e David Milroy (Yirra Yaakin Noongar Theatre, 1999) representada na tempada de 1999 do Festival Internacional de Arte de Perth.
Edicións Gnyung Waart Kooling Kulark (lanzado á venda como Going Home) (Centre for Indigenous History & the Arts, School of Idigenous Studies, Universidad de Western Australia, 2003) co-editado con Jill Milroy e Tjalaminu Mia. Echoes of the past: Sister Kate's home revisited (Centre for Indigenous History and the Arts 2002) con Tjalaminu Mia, fotografía por Victor France.
Premios 1987 - Premio de Literatura sobre os Dereitos Humanos por My Place 1989 - Premio de Literatura sobre os Dereitos Humanos por Wanamurraganya, the story of Jack McPhee
Notas
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Perth Categoría:Escritores de Australia Categoría:Australianos de ascendencia aborixe