Jack Davis, nado o 11 de marzo de 1917 e finado o 17 de marzo de 2000, foi un salientable dramaturgo e poeta aborixe australiano, así como activistas polos dereitos dos indíxenas. Naceu en Australia Occidental, na vila de Yarloop, e viviu en Fremantle até o final da súa vida. Pertencía ó pobo noongar, e a maioría da súa obra trata sobre a experiencia como aborixe australiano.

Malia que Davis compuxo moitos dos seus poemas mentres traballaba nunha facenda en Gascoyne durante a súa mocidade, o seu primeiro volume de poesía non foi publicado até 1970. Foi considerado como o poeta aborixe australiano do século XX e moitas das súas obras forman parte do programa escolar australiano.

Davis converteuse en membro da Order of the British Empire (MBE) en 1976, e membro da Orde de Australia (AM) en 1985."Indigenous Australians excel in many fields", Australian Department of Foreign Affairs and Trade

Obra Obras de teatro Kullark (1972) The Dreamers (1982) No Sugar (1985) Honeyspot (1985) Moorli and the Leprechaun (1986) Burungin (1988) Plays from Black Australia (1989) In your Town (1990)

Poesía The First-born and other poems (1970) The Black Tracker (1970) Jagardoo : Poems from Aboriginal Australia (1978) John Pat and Other Poems (1988) Publisher Dent Australia Black Life : poems (1992) Wurru : poem from Aboriginal

Outras obras Jack Davis : A life-story (1988) A Boy's Life (1991) Paperbark : A Collection of Black Australian Writings (1992)

Notas

Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Escritores de Australia Categoría:Escritores en lingua inglesa