miniatura|O traxe espacial Berkut exposto no Museo Memorial da Astronáutica en Moscova. Berkut foi o nome dun traxe espacial soviético deseñado para actividades extravehiculares. Tratábase dun traxe espacial Sokol como os usados nas naves Vostok, modificado. As subministracións para o cosmonauta xa non eran proporcionados a través dun cable umbilical se non a través dun sistema de control ambiental sinxelo de ciclo aberto. O osíxeno, usado tanto para respirar como para refrixeración, ía nunha mochila ao lombo. Unha válvula de alivio vertía ao espazo o calor, humidade, dióxido de carbono e osíxeno sen consumir producidos polo cosmonauta. A válvula tiña dúas posicións de presurización: a 0,27 ou 0,40 atmosferas.
O traxe foi usado unicamente durante a misión Voskhod 2 e vestido por Aleksei Leonov, que tras o primeiro paseo espacial da Historia tivo problemas ao regresar á nave pola rixidez do traxe.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Voskhod 2 Sokol Yastreb Orlan (traxe espacial)
Categoría:Traxes espaciais