Kenneth George Wyatt, nado o 4 de agosto de 1952, é un membro Cámara de Representantes de Australia pola división de Hasluck en Australia Occidental polo Partido Liberal de Australia. Wyatt serviu como Ministro da Terceira Idade e de Asuntos Indíxenas dende xaneiro de 2017. Anteriormente serviu como Ministro asistente da terceira idade entre setembro de 2015 e xaneiro de 2017. É de ascendencia aborixe australiana (noongar, yamatji e wongi), india, inglesa e irlandesa, e en 2010 converteuse no primeiro membro aborixe da Casa de Representantes así como o primeiro ministro federal indíxena en 2017.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Australianos de ascendencia aborixe Categoría:Australianos de ascendencia india Categoría:Australianos de ascendencia inglesa Categoría:Australianos de ascendencia irlandesa