O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico é un departamento ministerial do Goberno de España encargado do desenvolvemento das políticas gobernamentais en materia de medio ambiente, enerxía, minería, desenvolvemento sustentable, protección do patrimonio natural, da biodiversidade e do mar, auga, loita contra o cambio climático e a dirección dun modelo produtivo e social máis ecolóxico. A actual ministra é Teresa Ribera.

Funcións O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, xustificou a creación da carteira de Transición Enerxética pola necesidade de concentrar as políticas encamiñadas a construír un futuro sustentable .https://www.smartgridsinfo.es/2018/06/11/teresa-ribera-toma-posesion-nuevo-ministerio-transicion-ecologica Comparecencia del presidente del Gobierno para anunciar a los ministros Neste sentido, este novo ministerio aglutinará todas as competencias enerxéticas e ambientais coas que se pretende, entre outros, acelerar a descarbonización en España .https://www.efe.com/efe/espana/economia/la-ministra-para-transicion-ecologica-ve-poco-futuro-al-carbon/10003-3643163 primera entrevista de la ministra abordando el tema del carbón.

Segundo o Real Decreto 864/2018, de 13 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio para a Transición Ecolóxica, corresponde ao Ministerio para a Transición Ecolóxica:

A proposta e execución da política do Goberno en materia de loita contra o cambio climático, protección do patrimonio natural, da biodiversidade e do mar, auga, e enerxía para a transición a un modelo produtivo e social máis ecolóxico. A elaboración da lexislación estatal en materia de augas e costas, medio ambiente, meteoroloxía e climatoloxía. A xestión directa do dominio público hidráulico, do dominio público marítimo-terrestre. A representación do Estado nos organismos internacionais correspondentes a estas materias, sen prexuízo das competencias do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación. A coordinación de actuacións, a cooperación e a concertación no deseño e aplicación de todas as políticas que afecten o ámbito de competencias das comunidades autónomas e das restantes Administracións públicas, propiciando a súa participación a través dos órganos e instrumentos de cooperación adecuados. O desenvolvemento da política enerxética e mineira nacional, xunto coas medidas destinadas a asegurar o abastecemento enerxético e a coordinación da proxección exterior na materia, garantindo unha correcta regulación do sector e a análise e seguimento destes mercados, xunto coas competencias en minería, todo iso no marco da transición ecolóxica.

Estrutura 1. O Ministerio para a Transición Ecolóxica estrutúrase nos seguintes órganos superiores e directivos:

A Secretaría de Estado de Enerxía, da que depende a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. A Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, da que dependen os seguintes órganos directivos: A Dirección Xeral da auga. A Oficina Española do Cambio Climático, con rango de dirección xeral. A Dirección Xeral de Biodiversidade e Calidade Ambiental. A Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar. A Subsecretaría para a Transición Ecolóxica. A Secretaría Xeral Técnica do Ministerio para a Transición Ecolóxica Gabinete do Ministerio.

Organismos adscritos Quedan adscritos directamente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica os seguintes organismos:

O Organismo Autónomo Parques Nacionais.

As relacións entre o Goberno e o Consello de Seguridade Nuclear fanse a través deste Ministerio.

Notas

Categoría:Ministerios de España