O tressis (voz latina) foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, de tempos da República, emitida nos séculos III e I a. de C., co valor de tres ases."Tressis". En Amandry (2001)."Tressis". En Algunos tipos de monedas antiguas . www.tesorillo.com"Tressis ". En Vecchi, Italo. Italian Cast Coinage. Glossary of Terms. London Ancient Coins Ltd. 2013. Páxina 11. ISBN 978-0-9575784-0-1
Historia Esta moeda emitiuse inicialmente en dúas ocasións en bronce fundido durante o século III a. de C., na República de Roma: a primeira delas en torno ao ano 260 a. de C. e a segunda arredor de 215 a. de C., ambas saídas dos obradoiros monetarios de Roma."Tressis". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly."Tressis". En Harl, Kenneth W. Roman Economy. 300 B.C. to A.D. 700. Glossary. The Johns Hopkins University Press. Baltimore/Londres, 1996. Páxina 483. ISBN 0-8018-5291-9
A marca de valor destas moedas consistía en tres liñas verticais (unha por cada ás)."Tressis". En Roman bronze coins . www.moneta-romanae.com Nos seus anversos amosan o busto da deusa Roma ollando á dereita. Nos seus reversos, os tressis da primeira emisión exhiben unha roda con seis raios e a marca de valor, en tanto que os da segunda emisión amosan a tradicional proa de barco característica da moeda romana de bronce desta época."Tressis". En Crawford, M. H. (1974)Fotografías e descricións de tressis . En Coinage of the Roman Republic Online.Descrición e fotografía dun tressis . British Museum.
Coincidindo coa introdución do denario en 211 a. de C. foi retirada da circulación, debido a que o seu grande tamaño dificultaba moito o seu uso.
Porén, o tressis reviviu monetáneamente no século I a. C., xa ao final da época republicana, nesta ocasión xa non fundida, senón cuñada, ao ser emitida entre o 38 e o 37 a. de C. polos prefectos da frota de Marco Antonio.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Tressis".
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma
Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699 Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press, 1974. ISBN 0-521-07492-4 Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8
Ligazóns externas
Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso