O Gran Premio do Xapón de 1997 (oficialmente o XXIII Fuji Television Japanese Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 12 de outubro de 1997, no Circuíto de Suzuka, Suzuka. Foi a décimo sexta rolda da tempada de Fórmula Un. A carreira de 53 voltas gañouna Michael Schumacher para o equipo Ferrari logo de comezar desde a segunda posición. Heinz-Harald Frentzen terminou segundo nun Williams e Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari. Irvine liderou gran parte da carreira antes de pasar a axudar a Schumacher na loita pol campionato ao bloquear ao líder Jacques Villeneuve.

Villeneuve comezou na pole position no Williams. Antes da carreira, destacou que Villeneuve fora sanciaonado a saír na parte traseira da grella, por ignorar as bandeiras amarelas dúas voltas consecutivas durante unha sesión de prácticas para a carreira. Williams apelou e Villeneuve comezou desde a pole. Fixo unha carreira conservadora para rematar quinto, gañando dous puntos. Logo da carreira, Williams retirou a súa apelación, o que significou que perdeu os dous puntos que obtivo orixinalmente. A vitoria de Schumacher púxoo diante de Villeneuve no campionato con 78 puntos, con Villeneuve en 77 puntos. Con todo, como resultado de que Frentzen terminara segundo, Williams asegurouse o Campionato de Construtores de Fórmula Un xa que Ferrari non podía superar os seus puntos na carreira restante.

Informe

Práctica e cualificación En cada carreira da tempada de Fórmula 1 houbo catro sesións prácticas; dúas sesións o venres e dúas sesións o sábado pola mañá. As sesións de prácticas do venres duraban unha hora e as sesións de prácticas do sábado duraban 45 minutos.

Na primeira sesión práctica do sábado pola mañá, ocorreu un incidente aos 30 minutos da sesión. Jos Verstappen nun Tyrrell detívose nun lado da pista cun problema de recarga de combustible. Os comisarios de pista ondearon as bandeiras amarelas, o que significa que os pilotos deberían ralentizarse nesta parte da pista. A pesar das bandeiras amarelas, nove pilotos, incluíndo Michael Schumacher e Jacques Villeneuve, non desaceleraron. Villeneuve no proceso, fixou o tempo rápido da sesión nesa volta.

Villeneuve logrou a pole position cun tempo de 1:36.071, media décima máis rápido que Schumacher, que foi o segundo no Ferrari cun tempo de 1:36.133. O compañeiro de equipo de Schumacher, Eddie Irvine, cualificou terceiro, catro décimas detrás de Villeneuve. O piloto de McLaren, Mika Häkkinen, completou os catro primeiros, só a tres milesimas de segundo por detrás de Irvine. Os pilotos de Benetton foron quintos e sétimo; Gerhard Berger por diante de Jean Alesi. Heinz-Harald Frentzen nun Williams dividiu os dous en sexto, seis décimas detrás de Villeneuve.

Clasificación Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo diferenza 1 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:36.071 2 5 Michael Schumacher Ferrari 1:36.133 +0.062 3 6 Eddie Irvine Ferrari 1:36.466 +0.395 4 9 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:36.469 +0.398 5 8 Gerhard Berger Benetton-Renault 1:36.561 +0.490 6 4 Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:36.628 +0.557 7 7 Jean Alesi Benetton-Renault 1:36.682 +0.611 8 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:36.906 +0.835 9 12 Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:36.917 +0.846 10 14 Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 1:37.073 +1.002 11 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:37.095 +1.024 12 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:37.343 +1.272 13 11 Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:37.443 +1.372 14 23 Jan Magnussen Stewart-Ford 1:37.480 +1.409 15 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:37.588 +1.517 16 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:37.853 +1.782 17 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1:38.022 +1.951 18 17 Gianni Morbidelli Sauber-Petronas 1:38.556 +2.485 19 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:38.983 +2.912 20 21 Tarso Marques Minardi-Hart 1:39.678 +3.607 21 18 Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:40.259 +4.188 22 19 Mika Salo Tyrrell-Ford 1:40.529 +4.458 Fonte:

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Michael Schumacher Ferrari 53 1:29:48.446 2 10 2 4 Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 53 +1.378 6 6 3 6 Eddie Irvine Ferrari 53 +26.384 3 4 4 9 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 53 +27.129 4 3 5 7 Jean Alesi Benetton-Renault 53 +40.403 7 2 6 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 53 +41.630 8 1 7 12 Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 53 +56.825 9 8 8 Gerhard Berger Benetton-Renault 53 +1:00.429 5 9 11 Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 53 +1:22.036 13 10 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 52 Motor 11 11 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 52 +1 volta 17 12 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 52 +1 volta 16 13 18 Jos Verstappen Tyrrell-Ford 52 +1 volta 21 Ret 21 Tarso Marques Minardi-Hart 46 Caixa de cambios 20 Ret 19 Mika Salo Tyrrell-Ford 46 Motor 22 Ret 14 Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 36 Motor 10 Ret 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 22 rodamento da roda 15 Ret 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 8 Motor 19 Ret 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 6 Trompo 12 Ret 23 Jan Magnussen Stewart-Ford 3 Trompo 14 DSC 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 53 Descualificado 1 DNS 17 Gianni Morbidelli Sauber-Petronas 0 Lesión 18

Posicións logo da carreira Note, only the top five positions are included for both sets of standings.

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Michael Schumacher 78 2 Jacques Villeneuve 77 3 Heinz-Harald Frentzen 41 4 Jean Alesi 36 5 David Coulthard 30

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Renault 118 2 Ferrari 100 3 Benetton-Renault 64 4 McLaren-Mercedes 47 5 Jordan-Peugeot 33

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas Michael Schumacher igualou o número de vitorias de Jackie Stewart na súa carreira nº 100.

Véxase tamén

Xapón Categoría:Gran Premio do Xapón de Fórmula 1