A expedición de García Jofre de Loaísa foi unha expedición marítima da coroa de Castela que saíu do porto da Coruña o 24 de xullo de 1525 co obxectivo de chegar ás illas das especias e reclamalas para a coroa de Castela. A nao Victoria regresou a España en 1536.

Frota A expedición estaba formada 450 mariños en sete naos e un pateche:

Santa María de la Victoria, de 360 toneladas, ao mando García Jofre de Loaísa. Única nave en volver a España. Sancti Spiritus, de 240 toneladas, ao mando de Juan Sebastián de Elcano, como piloto maior da expedición e segundo xefe. Perdida no Estreito de Magalláns. Anunciada, de 204 toneladas, ao mando de Pedro de Vera. Desaparecida no Estreito de Magalláns. San Gabriel, de 156 toneladas, ao mando de Rodrigo de Acuña. Abandonou a expedición, volvendo a Baiona o 28 de maio de 1527. Santa María del Parral, de 96 toneladas, ao mando de Jorge Manrique de Nájera. Afundida en Cebú, Filipinas. San Lesmes, 96 toneladas, ao mando de Francisco de Hoces. Perdida nas Illas Molucas, destino descoñecido. Patache Santiago, de 60 toneladas, ao mando de Santiago de Guevara. Chegou as Golfo de Tehuantepec, México, o 25 de xullo de 1526.

Na expedición participaba Rodrigo de Triana, que foi o primeiro en avistar América na primeira viaxe de Colón. Como axudante de Elcano ía Andrés de Urdaneta, que chegaría a ser o maior cosmógrafo do seu tempo.

Categoría:Exploración do océano Pacífico Categoría:Século XVI Categoría:Historia moderna de España