Framestore é unha empresa de efectos visuais británica coa súa sede preto de Oxford Street, en Londres. Fundada en 1986, adquiriu Computer Film Company en 1997, fusionándose posteriormente. A compañía traballa en diferentes eidos dos medios de comunicacións: filmes, anuncios, vídeos musicais, animacións tradicional 2D e dixital, e recibiu premios e nomeamentos para os BAFTA e os Óscar.

Historia No ano 2004, a empresa estableceu unha oficina no distrito de SoHo, en Nova York. Dende entón abriu outras oficinas en Os Ánxeles, Chicago e Montreal.

Departamentos Na actualidade conta cos seguintes departamentos:

Animation (Animación) Art Department (Departamento de Arte para audiovisual) Branded Entertainment (Entretemento de marca) Capture Lab (Laboratorio de captura) Colour (Cor) Design Studio (Estudio de Deseño) Framestore Pictures (Imaxes de Framestore) Labs (Laboratorios) Pre-production Services (Servizos de pre-produción) Previsualisation (Previsualización) Real-Time / Engine (Tempo real / Motor) Stills (Fotografía e imaxe fixa) Theme Park Attractions (Atraccións de parques temáticos) Technology & Research (Tecnoloxía e Investigación) VFX (Efectos visuais) Ventures (Incubadora interna de empresas) Virtual Reality (Realidade virtual)

Notas

Véxase tamén

Industrial Light & Magic

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Empresas do Reino Unido