Saturnino Calderón Collantes, nado en Reinosa o 26 de febreiro de 1799, e finado en París, o 7 de outubro de 1864, foi un aristócrata e político español que foi ministro en varias ocasión e tamén presidente interino do Consello de Ministros.
Traxectoria Era o fillo máis vello de Manuel Santiago Calderón Rodríguez-Fontecha, senador por Santander, e a súa muller Saturnina Collantes Fonegra. O seu irmán Fernando Calderón Collantes, Marqués de Reinosa, foi tamén un importante político da época.
Trala morte de Fernando VII, foi deputado en diferentes lexislaturas por Ourense (1834, 1836, 1837, 1839, 1840 e 1846), A Coruña (1840 e 1846), Lugo (1844) e Santander (1840). En 1838, foi nomeado senadorExpediente persoal do Senado e, dende 1847, foi senador vitalicio até 1864.
Durante as rexencias de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e de Espartero foi ministro de Estado. En 1850, no goberno de Narváez, foi ministro de comercio, instrución e obras públicas e, de novo, en 1858, no goberno de O'Donnell. Militou na Unión Liberal. Entre novembro de 1859 e marzo de 1860, foi Presidente interino do Consello de Ministros de España.Urquijo (2001), p. 190
En 1861, asinou o Tratado Comercial entre Marrocos e España. As discusións producidas pola súa defensa da conduta do xeneral Prim na expedición a México levou no a dimitir en 1863. Durante o ano seguinte, trasladouse a Francia onde morreu pouco tempo despois, afastado da política española.Saturnino Collantes a mcnbiografias.com
Recoñecementos Cabaleiro da Gran Cruz da orde de Carlos III Cabaleiro da Gran Cruz da orde de Isabel a Católica.
Vida persoal
Foi pai de Pedro Calderón Herce Collantes. miniatura|Vítor de Saturnino Calderón y Collantes, obra de José Garabal Louzao, na Facultade de Dereito da USC. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Lista de presidentes de España
Categoría:Ministros de España Categoría:Políticos de Cantabria Categoría:Nados en Reinosa Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en 1799 Categoría:Finados en 1864 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Ministros de Fomento de España