Fridtjof Nansen (F-300) é unha serie de cinco buques construídos por Izar (actual Navantia) en Ferrol para a Armada Real de Noruega con denominación F-300. Deseño baseado na Álvaro de Bazán (F-101) da Armada Española.
Proxecto miniatura|esquerda|Maqueta F100 EXPONAV. En 1999 o goberno de Noruega iniciou un programa para modernizar as forzas navais do país. Nun concurso internacional aberto presentáronse doce proxectos dos cales foron quedando tres: Alemaña, Países Baixos (Damen) e España (Izar). Estes tres países estaban a definir un proxecto común de fragata, un buque centrado na loita aérea. O proxecto europeo foi abandonado por España ao non estar operativo o sistema defensivo optando polo sistema Aegis norteamericano, xa operativo. O proxecto final presentado á Real Armada de Noruega incluía o sistema Aegis montado nun buque de menor desprazamento que as F-100 da Armada Española. O 29 de febreiro de 2000 foi asinado o contrato por 2375 millóns de euros. O acordo incluía a compra de material militar noruegués por 1325 millóns de euros.
O acordo tamén incluía a construción de dous dos buques en Noruega con asesoramento de Izar. O acordo previo con dous estaleiros noruegueses non chegaría a iniciarse. As peticións dun deles fixeron inviable a fabricación e a creba doutro fixo que todos os buques foran finalmente construídos en Ferrol simultaneando a súa construción coa serie F-100 da Armada Española.
En maio de 2005 morreron catro traballadores do estaleiro nun accidente na construción do Roald Amundsen."Mueren cuatro trabajadores por asfixia en una fragata que se construye en Ferrol", El País, 12 de maio de 2005 .
En 2006 a KNM Fridtjof Nansen chegou a Noruega con manchas de óxido no seu casco. Foi acusado o estaleiro de ter pintado de xeito deficiente o buque. Segundo Navantia o erro estaba na selección da pintura norueguesa ao non aceptar a empregada pola Armada Española."El extraño caso de la fragata oxidada: Oslo acusa a Navantia de venderle un buque con manchas de óxido y el astillero culpa a la pintura elegida por los noruegos" , Belt .
Buques da serie
NomeNumeralEstaleiroIniciadoBotadoEntregadoIndicativo de chamadaImaxeKNM Fridtjof Nansen (F310) F 310 Izar Ferrol 9 de abril de 2003Puesta de Quilla de la fragata F-310 Fridtjof Nansen 3 de xuño de 2004 5 de abril de 2006 15px 15px 15px 15px120pxKNM Roald Amundsen (F311) F 311 Izar Ferrol 3 de xuño de 200425 de maio de 2005Botadura de la fragata F-311 «Roald Amundsen» para la Armada de Noruega21 de maio de 2007Navantia entrega la fragata «Roald Amundsen» a la Armada de Noruega 15px 15px 15px 15px120pxKNM Otto Sverdrup (F312) F 312 Navantia Ferrol 28 de marzo de 2005Puesta de quilla de la fragata F-312 «Otto Sverdrup» para Noruega 28 de abril de 2006 30 de abril de 2008Navantia entrega a la Armada noruega la fragata «Otto Sverdrup», tercera unidad de la serie F-310 15px 15px 15px 15px120pxKNM Helge Ingstad (F313) F 313 Navantia Ferrol 28 de abril de 2006 23 de novembro de 2007Botadura de la fragata KNM «Helge Ingstad» en el astillero de Ferrol 29 de setembro de 2009 15px 15px 15px 15px120pxKNM Thor Heyerdahl (F314) F 314 Navantia Ferrol 10 de marzo de 2008 11 de febreiro de 2009 18 de xaneiro de 2011"Navantia entrega hoy a la Marina Noruega la última de las cinco fragatas" , ABC . 15px 15px 15px 15px120px
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrega de la 4 fragata noruega. Buques de Guerra. Ingeniería Naval
Categoría:Noruega Categoría:Barcos de guerra