James Mellaart, nado en Londres o 14 de novembro de 1925 e finado o 29 de xullo de 2012, foi un arqueólogo británico e descubridor do xacemento neolítico de Çatalhöyük en Turquía. Foi expulsado de Turquía por ser sospeitoso de vender antigüidades no mercado negro. Tamén se viu involucrado en controversias puramente arqueolóxicas sobre a chamada Deusa-Nai de Anatolia que exhumou nas súas escavacións en Anatolia na década dos 60.

Traxectoria Foi profesor na Universidade de Istambul e director asistente do Instituto Británico de Arqueoloxía de Ankara. En 1951, Mellaart empezou a dirixir escavacións de xacementos turcos, con axuda da súa muller, Arlette, turca de nacemento. Axudou a identificar a olaría “copa de champagne” da Idade do Bronce tardía, en Anatolia occidental, que levou a descubrir Beycesultan en 1954. Logo de rematar este traballo, dirixido entón por Seton Lloyd, axudou a publicar os resultados. En 1959 comezou a ensinar arqueoloxía de Anatolia en Ankara.

Obras "Anatolian Chronology in the Early and Middle Bronze Age"; Anatolian Studies VII, 1957 "Early Cultures of the South Anatolian Plateau. The Late Chalcolithic and Early Bronze Ages in the Konya Plain"; Anatolian Studies XIII, 1963 Çatalhöyük, A Neolithic Town in Anatolia, Londres, 1967 Excavatians at Hacilar, vol. I-II

Notas

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en Londres