Korsholm (en sueco) ou Mustasaari (en finés; as dúas formas oficiais) é un municipio de Finlandia situado na rexión de Ostrobotnia. En 2017 a súa poboación era de 19.449 habitantes. A superficie do termo municipal é de 3.178,59 km2, dos cales 2.312,10 km2 son auga. O concello ten unha densidade de poboación de 22,93 hab./km².

Limita cos municipios de Laihia, Malax, Vaasa e Vörå, todos eles dentro da súa mesma rexión.

O concello é biilingüe con maioría de falantes de sueco e minoría finesa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de municipios de Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial

Ligazóns externas Sitio web de Korsholm

Categoría:Municipios de Ostrobotnia