Margarida Leijonhufvud, nada en Närke o 1 de xaneiro de 1516 e finada en Södermanland o 26 de agosto de 1551, tamén coñecida como Margarida Eriksdotter foi a segunda esposa do rei Gustavo I e raíña consorte de Suecia até a súa morte. Era filla de Éric Abrahamsson Leijonhufvud e súa esposa Ebba Eriksdotter Vasa. Entre os seus fillos, están Xoán III e Carlos IX.
Descendencia Xoán III de Suecia (20 de decembro de 1537 – 17 de novembro de 1592), casado primeiro coa princesa Catarina de Polonia; con descendencia. Casado despois con Gunilla Bielke; con descendencia. Catarina de Suecia (6 de xuño de 1539 – 21 de decembro de 1610), casada co conde Edgar II da Frisia Oriental; con descendencia. Icía de Suecia (16 de novembro de 1540 – 27 de xaneiro de 1627), casada con Cristovo II de Baden-Rodemachern; con descendencia. Magno, duque de Östergötland (15 de xullo de 1542 – 26 de xuño de 1595), tiña un trastorno mental que fixo que fose coñecido como o "duque tolo"; morreu solteiro e sen descendencia. Carlos de Suecia (nado e finado en 1544). Ana María de Suecia (19 de xuño de 1545 - 20 de marzo de 1610), casada co conde palatino Xoán I de Veldenz; con descendencia. Estevo de Suecia (1546–1547) Sofía da Suecia (29 de outubro de 1547 – 17 de marzo de 1611), casada co duque Magno II de Saxe-Lauemburgo; con descendencia. Sabela da Suecia (5 de abril de 1549 - 20 de novembro de 1597), casada co duque Cristovo de Mecklenburg-Gadebusch; sen descendencia. Carlos IX de Suecia (4 de outubro de 1550 – 30 de outubro de 1611), casado primeiro coa condesa María do Palatinado-Simmern; con descendencia. Casado despois coa duquesa Cristina de Holstein-Gottorp; con descendencia.
Notas
Categoría:Nados en 1516 Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Finados en 1551