Björn Rune Borg, ([bjœːɳ bɔrj]), nado en Estocolmo o 6 de xuño de 1956Bjorn Borg Encyclopedia Britannica é un ex-tenista sueco que brillou na historia do deporte durante a súa época de xogador, entre 1973 e 1981, logrando 96 torneos (64 da ATP), entre eles 5 Wimbledon, 6 Roland Garros e 2 Masters antes de retirarse aos 26 anos de idade. Está considerado como un dos mellores tenistas masculinos da historia do tenis. En 2014 unha enquisa do xornal Dagens Nyheteher escolleuno como o mellor deportista sueco da historia por diante do futbolista Zlatan Ibrahimovic.
Cos seus once títulos de Grand Slam e 16 finais, ocupa o cuarto e quinto posto nos respectivos historiais da Era Open. Foi campión do Torneo de Roland Garros de 1974, 1975, 1978, 1979, 1980 e 1981, e do Campionato de Wimbledon de 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980. Tamén foi finalista de catro edicións do Aberto dos Estados Unidos e unha vez do Aberto de Australia. Obtivo tamén 15 títulos de masters, o que o coloca oitavo no historial. Gañou o Masters Grand Prix de 1979 e 1980 e a final de WCT de 1976, acumulando un total de dez finais de temporada disputadas. En total, durante a súa carreira gañou 64 torneos ATP, (11 Grand Slam, 3 finais de temporada, 15 masters, 17 torneos medianos e 18 menores). Gañou ademais 45 partidos da Copa Davis coa selección sueca, e obtivo o título en 1975.
Borg ocupou o posto número 1 da clasificación ATP en seis períodos diferentes entre 1977 e 1981, totalizando 109 semanas. Situouse primeiro na clasificación final de 1979 e 1980, segundo en 1976, 1978 e 1981, e terceiro en 1974, 1975 e 1977. Foi nomeado "Tenista do Ano" pola ATP en 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980, e foi número un anual de "World Tennis" en 1978, 1979 e 1980.
Destaca por conquistar os torneos de Roland Garros e Wimbledon, considerada como "a dupla máis difícil de realizar no tenis", durante tres anos consecutivos, un récord sen superar.
En 1978 e en 1980 gañou o Torneo de Roland Garros sen perder ningún set en todo o torneo.Roger Federer conseguiuno no Aberto de Australia de 2007 e en Wimbledon en 2017 e Rafael Nadal superou a marca de Borg ao gañar Roland Garros sen ceder ningún set en 2008, 2010 e 2017.
Clasificación histórica Torneo 1973 1974 1975 1976 1977 1978 1979 1980 1981 Carreira VR Carreira V – D Carreira V % Grand SlamAberto de Australia A3r A A A A A A A0 / 11–150.00Torneo de Roland Garros4rGGQF AGGGG6 / 849–296.08WimbledonQF3rQFGGGGGF5 / 951–492.73Aberto dos Estados Unidos4r2rSFF4rFQFFF0 / 940–9 81.63 Ratio de vitorias 0 / 3 1 / 4 1 / 3 1 / 3 1 / 2 2 / 3 2 / 3 2 / 3 1 / 3 11 / 27 N/A 40.74 V - D 10–3 11–3 16–2 17–2 10–1 20–1 18–1 20–1 19–2 N/A 141–16 89.81 Masters Cup Masters Cup ARRF AF AGG A2 / 515–768.18Clasificación183 |align="center" bgcolor=99ccff|32 |align="center" bgcolor=99ccff|32 |align="center" style="background:#00ff00;"|11 |align="center" style="background:#D8BFD8;"|2N/AN/AN/A
Notas
Categoría:Tenistas de Suecia Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1956