Boticas é unha vila portuguesa pertencente ao distrito de Vila Real, na rexión Norte, subrrexión do Alto Trás-os-Montes, e comunidade intermunicipal do Alto Tâmega, que contaba con 1 280 habitantes (censo de 2011).
Xunto co concello Montalegre, forma a comarca das Terras de Barroso.
Xeografía miniatura|dereita|Casas tradicionais da vila de Boticas.
miniatura|dereita|Boticas. Á esquerda, un espigueiro (hórreo); á dereita, monumento ao Guerreiro Galaico-Lusitano.
Boticas é a sede dun municipio de 321,96 km² de superficie,Instituto Geográfico Português, Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013 . e 5 750 habitantes (censo de 2011),"Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia" (tabelas anexas ao documento). subdividido en 10 freguesías.Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I.
Límites O municipio está limitado ao oeste e o noroeste polo municipio de Montalegre, ao leste por Chaves, ao sueste por Vila Pouca de Aguiar, ao sur por Ribeira de Pena e ao suroeste por Cabeceiras de Basto.
O concello foi creado en 1836 por desmembramento do de Montalegre.
Poboación Evolución da poboación 1864-2011 Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE -publicacões. 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 20119 3889 93310 13310 98210 93710 33811 15411 78613 24714 48110 9258 7737 9366 4175 750
Número de habitantes por idades 1900-2011 INE - Censos. 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 20110-14 anos3 5203 5893 3543 4994 0934 4725 3443 2902 2201 56182158115-24 anos1 8681 8581 8641 9052 0772 3952 3111 7751 5071 14181949925-64 anos4 6724 4794 3694 4484 7045 4205 8254 6403 7103 7183 0462 843> 65 anos5536786438198178061 0011 2201 3361 5161 7311 827
Freguesías do concello de Boticas miniatura|250px|Freguesías do concello de Boticas. O concello de Boticas está dividido en 10 freguesías: Alturas do Barroso e Cerdedo Ardãos e Bobadela Beça Boticas e Granja Codessoso, Curros e Fiães do Tâmega Covas do Barroso Dornelas Pinho Sapiãos Vilar e Viveiro
Historia Boticas é unha vila de orixe romana. Os romanos construíron alí a cidade de Batocas, explotando minas e as famosas Termas de Carvalhelhos, das que se di que teñen augas milagrosas.
Economía O sector primario é o máis importante do concello de Boticas, sendo o que emprega a maioría da poboación.Gazeta Rural nº 261 (15 de decembro de 2015), páx. 5. Na freguesía de Covas do Barroso está proxectada e aprobada a mina Barroso Lithium, a maior de Europa a ceo aberto, impulsada pola empresa Savanna Resources, participada por Mário Ferreira. O proxecto recibiu críticas por impactos ambientais e sociais, xa que pode afectar o ecosistema local e as fontes de auga. A empresa presentou varias veces a avaliación de impacto ambiental á Agência Portuguesa do Ambiente (APA), que requiriu diversas modificacións. Hai resistencia na comunidade local, preocupada pola posible polución, a perda de terras agrícolas e o impacto na calidade de vida.
Outros datos As Termas de Carvalhelhos, a 26 km da estación termal de Vidago, e a 32 km de Chaves, cuxas augas, que xorden a elevada temperatura, foron xa explotadas polos romanos. Un dos puntos de maior interese a nivel turístico é o "Centro de Artes Nadir Afonso", que alberga unha importante colección de obras deste artista. O concello está situado entre montañas cheas de castiñeiros e carballos, as árbores máis características da rexión. Na súa gastronomía, propia da rexión barrosá de Boticas, destacan o xamón, a troita recheada de Boticas, os fumeiros (carnes xeralmente de porco, expostas ao fume para a súa conservación), e a vitela barrosá.
Cidades irmandadas O concello de Boticas está irmandado cos seguintes vilas: Outes (19 de xullo de 2008) Gond-Pontouvre (2 de maio de 2009) Caué (10 de decembro de 2009)
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Rexión Norte Alto Trás-os-Montes Distrito de Vila Real Alto Tâmega
Ligazóns externas Câmara Municipal de Boticas.
Categoría:Vilas de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Vila Real