Montse Dopico González, nada na Pontenova en 1977, é unha xornalista galega. Dende 2018 é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.Horario do profesor para o curso académico 2018/2019
Traxectoria Estudou Xornalismo e Historia, Antropoloxía, Socioloxía e Ciencias Políticas. En 2012 colaborou co xornal El País.
En 2014 promoveu o espazo de xornalismo cultural Magazine Cultural Galego e participou na xornada 'A mediación cultural de Internet' do XI Simposio O libro e a lectura: O libro e a lectura nos medios co relatorio 'Unha nova xeira de revistas electrónicas culturais' e no encontro '30 anos de novela negra galega' organizado polo Consello da Cultura Galega.
Traballou en Dioivo e, dende o ano 2012, traballa co xornal Praza Pública.
En 2024 publicou o seu primeiro libro, Abonda con vivir, unha biografía de Luísa Villalta, autora homenaxeada ese mesmo ano no Día das Letras Galegas.
Recoñecementos En 2017 recibiu o Premio de xornalismo Johán Carballeira pola súa reportaxe "Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonía cultural", publicada na revista Luzes.
2021: Premio Follas Novas do Libro Galego de xornalismo cultural
Notas
Categoría:Xornalistas da Pontenova Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1977 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela