Rossi X-ray Timing Explorer, tamén coñecido como RXTE e coñecido inicialmente como X-ray Timing Explorer ou XTE, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 30 de decembro de 1995 mediante un foguete Delta 7920 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.
Características XTE foi un observatorio espacial en raios X capaz de facer observacións con gran resolución temporal no rango entre 2 e 200 keV.
XTE foi desactivo o 5 de xaneiro de 2012 tras 17 anos en servizo.
Instrumentos científicos XTE levaba os seguintes instrumentos a bordo:
PCA (Proportional Counter Array): matriz de conteo proporcional, composto por cinco contadores proporcionais de gas xenon para o rango de enerxías entre 2 e 60 keV. HEXTE (High Energy X-ray Timing Experiment): detector de raios X de elevada enerxía, ata 200 keV. ASM (All Sky Monitor): monitor global celeste capaz de observar o 70 % do ceo en cada órbita no rango entre 2 e 10 keV.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delta 7920
Categoría:Satélites artificiais