Yohkoh, coñecido inicialmente como SOLAR A, foi un observatorio espacial da axencia xaponesa ISAS lanzado o 30 de agosto de 1991 mediante un foguete Mu-3S-II desde o Centro Espacial de Kagoshima.
Características Yohkoh foi unha cooperación do Xapón, os Estados Unidos e o Reino Unido lanzado para estudar as radiacións de alta enerxía das erupcións solares e as condicións que as producen. A misión era sucesora de Hinotori. O satélite estabilizábase nos tres eixos e levaba catro instrumentos:
Un telescopio de raios X duros (20-80 keV). Un telescopio de raios X suaves (0,1-4 keV). Un espectrómetro da banda ancha para raios X e raios gamma entre 3 keV e 20 MeV. Un espectrómetro de cristal de Bragg para as liñas en raios X do ferro XXV e XXVI, o calcio XIX e o xufre XV.
A nave tiña forma de caixa de 2 x 4 m e acumulaba ata 50 MB de datos por día que ía gardando e transmitindo na grabadora de cinta de a bordo, cunha capacidade de 10,5 MB de almacenamento. Yohko reentrou na atmosfera terrestre o 12 de setembro de 2005.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Hinode Hinotori
Categoría:Satélites artificiais