Winnie Madikizela-Mandela, nada como Nomzamo Winifred Zanyiwe Madikizela en Bizana o 26 de setembro de 1936,Winnie Mandela. nndb.com e finada en Xohanesburgo o 2 de abril de 2018, foi unha activista antiapartheid e política surafricana, máis coñecida como Winnie Mandela. Exerceu diversas funcións no goberno surafricano, incluíndo Ministra de Artes, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía. Era membro do partido Congreso Nacional Africano, servindo no Comité da Executiva Nacional e na Liga das mulleres.

Traxectoria Nada no seo dunha familia xhosa na daquela Unión Surafricana, estudou traballos sociais en Jan Hofmeyr. En 1958, casou co activista antiapartheid Nelson Mandela en Xohanesburgo. Estiveron casados durante 38 anos e tiveron dous fillos xuntos. En 1963, Mandela foi encarcerado despois do xuízo de Rivonia e dende entón ela converteuse na súa cara pública durante os 27 anos que estivo na cadea. Durante este período, converteuse nunha figura de moita relevancia dentro do movemento antiapartheid. Foi arrestada e detida polos servizos de seguridade do estado en varias ocasións e estivo varios meses en confinamento.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados na provincia do Cabo Oriental Categoría:Activistas de Suráfrica Categoría:Políticos de Suráfrica Categoría:Revolucionarios de Suráfrica Categoría:Finados en 2018