Ethiopian Airlines (amhárico: የኢትዮጵያ አየር መንገድ, Yäitəyop̣əya äyärə mänəgädə); acurtado como የኢትዮጵያ, Yäitəyop̣əya), anteriormente Ethiopian Air Lines (EAL) e normalmente coñecida sinxelamente como Ethiopian, é a aeroliña nacional de Etiopía e pertence na súa totalidade ao goberno do país. EAL fundouse o 21 de decembro de 1945 e comezou a operar o 8 de abril de 1946, iniciando voos internacionais en 1951. En 1965 cambiou o seu nome de Ethiopian Air Lines a Ethiopian Airlines. A aeroliña é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional dende 1959 e da Asociación de Aeroliñas Africanas (AFRAA) dende 1968. Ethiopian é membro da alianza de aeroliñas Star Alliance, á cal se uniu en decembro de 2011.
O seu centro de conexións e sede atópanse no aeroporto de Adís Abeba-Bole, dende onde serve unha rede de 125 destinos de pasaxeiros e 44 de carga. Ethiopian voa a máis destinos en África que calquera outra aeroliña. É unha das compañías cun crecemento máis rápido na industria e é a máis grande do continente africano.
Frota En outubro de 2017 a frota de Ethiopian Airlines estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de Ethiopian AirlinesFrota de pasaxeiros Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas C Y TotalAirbus A350-9007173031834830313343Boeing 737-7008—16102118Boeing 737-80016—16138154Boeing 737 MAX 8—30TBABoeing 767-300ER6—24208232Van ser retirados en 2017/1824211235242132372422124530190220Boeing 777-200LR6—34287321Boeing 777-300ER4—34365399Boeing 787-819—24246270Boeing 787-926TBABombardier Dash 8 Q400203—787876471Frota de cargaBoeing 737-800SF—2CargaEntregas en xuño de 2018 e xaneiro de 2019Boeing 757-200PCF2—CargaBoeing 777F64CargaTotal9662
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Etiopía Categoría:Star Alliance