A Academia Galega de Teatro (AGT) é unha entidade galega que traballa no ámbito das artes escénicas. Foi creada en outubro de 2017 por 17 profesionais vencellados ao mundo do teatro, e foi presentada o 27 de marzo de 2018 no Consello da Cultura Galega O seu obxectivo principal é converterse nun foro das e dos profesionais da escena galega onde analizar e debater as políticas culturais actuais e, a través dun Congreso de Teatro Galego en 2020, establecer directrices estratéxicas para o desenvolvemento do sistema teatral galego na próxima década. Outro obxectivo fundamental é a creación do Centro Galego de Documentación Teatral, un órgano onde recuperar e difundir a longa historia do teatro do país.

A súa primeira presidenta é a experimentada actriz e dramaturga Inma António. En 2019 acordou nomear académico de honra ao actor e director Celso Parada pola súa longa traxectoria, como tamén anunciou que organizará en 2020 o Congreso Internacional de Teatro Galego.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Asociación de Actores e Actrices de Galicia Escena Galega Revista Galega de Teatro

Categoría:Teatro en Galicia Categoría:Academias de Galicia Categoría:Academias teatrais