Pilar Sánchez Muñoz, nada en Ceuta en 1958, é unha política do PSOE que foi alcaldesa de Xerez da Fronteira dende o 14 de xaneiro de 2005 até o 11 de xuño de 2011."Nacida para mandar", entrevista en El País, 15 de setembro de 2008 .
Traxectoria Militante do PSOE dende 1985, foi elixida secretaria xeral do PSOE-A de Xerez o 2 de outubro de 2004, responsabilidade que aínda ostenta e que revalidou o 4 de outubro de 2008 novamente. Dende xullo de 2008 forma parte do Comité Federal do PSOE en representación da provincia de Cádiz.
Pilar Sánchez Muñoz é diplomada en Maxisterio (na especialidade de inglés) e licenciada en psicopedagoxía. Funcionaria docente en excedencia, a súa actividade profesional está especializada na orientación psicopedagóxica.
Foi membro da Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado, cargo para o que foi elixida en atención á súa dilatada experiencia en temas educativos tanto a nivel profesional como institucional.
En 2015 foi condenada a 4 anos de cárcere polo Tribunal Supremo polos delitos de falsidade en documento oficial, prevaricación e malversación.El TS confirma condena de 4 años a exalcaldesa de Jerez Pilar Sánchez (PSOE) Ingresou na prisión de Alcalá de Guadaíra o 31 de xaneiro de 2016 para cumprir a súa pena.
Notas
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Ceuta Categoría:Políticos do PSOE de Andalucía Categoría:Alcaldes de Xerez da Fronteira