Natasha "Tash" Sultana, nada en Melbourne o 15 de xuño de 1995, é unha cantante e multi-intrumentista australiana, descrita como unha "muller banda que achega un novo significado ó concepto de multitarefa". O seu sinxelo de 2016 "Jungle" clasificouse no terceiro posto do Triple J Hottest 100, 2016, e Sultana tamén coseguiu 3 cancións nos Triple J Hottest 100, 2017.
Sultana medrou en Melbourne e toca a guitarra dende que ten tres anos. A súa carreira na música comezou actuando nas rúas, e estivo activa como músico en Bandcamp dende 2013. As súas gravacións tiñan millóns de visitas na súa canle en 2016.
Discografía
EPs 2016 : Notion Sinxelos 2016 : Jungle 2017 : Murder To The Mind 2017 : Mystik
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Melbourne Categoría:Australianos de ascendencia maltesa