STS-49 foi a primeira misión do transbordador espacial Endeavour, lanzada o 7 de maio de 1992 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-49, con sete astronautas a bordo (Daniel Brandenstein, Kevin Chilton, Richard Hieb, Bruce Melnick, Pierre Thuot, Kathryn Thornton e Thomas Akers), foi lanzada para recuperar e reparar o o satélite Intelsat VI. Despois dun lanzamento sobre un foguete Commercial Titan III, Intelsat VI quedou nunha órbita baixa polo fallo da última etapa. A tripulación da STS-49 recuperou o satélite tras tres sucesivos paseos espaciais, o último dos cales foi o primeiro no que participaron tres astronautas á vez. Tras capturalo adosáronlle un novo motor para envialo á súa órbita final xeosincrónica. Fíxose un cuarto paseo espacial para probar técnicas de construción no espazo de cara á montaxe dunha futura estación espacial mediante o experimento Assembly of Station by EVA Methods (ASEM). Como experimentos secundarios o Endeavour levaba a bordo os experimentos CPCG, UVPI e AMOS.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 16 de maio de 1992, tras extenderse a súa misión dous días. Foi a primeira vez que un transbordador usou un paracaídas na súa aterraxe para reducir a súa velocidade.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS