Sidegasa (Siderurgia de Galicia, S.A.) foi unha empresa siderúrxica galega con sede en Teixeiro (Curtis).
Adicada á recuperación de chatarra principalmente de importación por mar, vía porto da Coruña. Mediante forno eléctrico para a produción de aceiro en bruto e produtos laminados. A empresa foi fundada en 1979 como un proxecto de industrialización para o rural galego. Pechou en agosto de 1988.
Historia A fundición foi construída por Emesa nunha superficie de 400 mil metros cadrados nunha parcela de 2,5 millóns de metros cadrados. Os terreos que agora ocupa o Polígono industrial Curtis-Teixeiro. En 1978 foi construída unha liña eléctrica dende a subestación das Travesas no Mesón do Vento ata Teixeiro para SidegasaReal Decreto 1728/1978, de 2 de junio, por el que se otorgan los beneficios de expropiación forzosa y urgente ocupación de bienes y derechos al objeto de imponer la servidumbre de paso para construir una línea eléctrica que enlazará las subestaciones tranformadoras «Mesón do Vento», de FENOSA, y la de la Factoría de SIDEGASA, en construcción en el lugar de Teixeiro, del Ayuntamiento de Curtis (La Coruña), por la Empresa «Siderúrgica de Galicia, S. A.» (SIDEGASA). A subestación eléctrica do polígono de Curtis-Teixerio chámase dende entón Sidegasa.
En 1981 Sidegasa suspendeu pagamentos, e entrada na CE supuxo a reconversión da empresa que non podía recibir subvencións. Despois de sete meses de folga e protestas o 17 de agosto de 1987 os traballadores entran no aeroporto de Alvedro impedindo que engalase o avión de Alfonso Guerra (entón vicepresidente do goberno). En agosto de 1988 as instalacións foron vendidas á siderúrxica catalá Celsa que a despezaría para vender a maquinaria. Durante dous anos saíu polo porto da Coruña a maquinaria. O tren de laminación foi para Torras en Cataluña. A maquinaria de fundición foi mercada por Lion Group e mandouse para Johor Bahru, Malaisia.
Notas
Categoría:Curtis Categoría:Empresas de Galicia