STS-34 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 18 de outubro de 1989 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-34, con cinco astronautas a bordo (o comandante Donald E. Williams, o piloto Michael J. McCulley e os especialistas de misión Franklin R. Chang-Diaz, Shannon W. Lucid e Ellen S. Baker), foi lanzada para poñer en órbita a sonda Galileo con destino a Xúpiter. A tripulación tamén realizou varios experimentos de observación terrestre, de materiais e biolóxicos a bordo, entre eles o SSBUV para o estudo da luz ultravioleta dispersada pola atmosfera terrestre, un experimento de morfoloxía de polímeros, o experimento MLE para o estudo dos raios e o experimento AMOS.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 23 de outubro de 1989.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis Galileo (nave espacial)
Categoría:Programa STS