STS-27 foi unha misión do Transbordador espacial Atlantis e lanzada o 2 de decembro de 1988 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-27, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite militar clasificado Onyx 1, na terceira misión adicada ao Departamento de Defensa. A tripulación estaba formada polo comandante Robert L. Gibson, o piloto Guy S. Gardner e os especialistas de misión Richard M. Mullane, Jerry L. Ross e William M. Shepherd.

Durante a engalaxe o cono superior do acelerador de propelente sólido dereito soltouse e golpeou o transbordador debido, como se determinou máis tarde, a cambios no proceso de fabricación do material ablativo que protexía aos foguetes aceleradores durante o lanzamento. Unha vez en órbita a tripulación examinou a zona mediante o brazo robótico, descubrindo que gran cantidade de lousas do escudo térmico estaban danadas. O control de terra non lle deu máis importancia, contra a preocupación dos astronautas, que non parecían ter claro se se lles estaba ocultando información.

O Atlantis regresou a terra sen incidentes na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de decembro de 1988. Un exame do transbordador revelou que unhas 700 lousas sufriran danos e que faltaba unha, afortunadamente nunha zona menos exposta ao intenso calor da reentrada atmosférica. Se a lousa se tivera perdido nunha zona máis vulnerable podería terse producido un accidente similar ao que caousou a perda do Columbia durante a misión STS-107 pero 15 anos antes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis

Categoría:Programa STS