STS-134 foi a última misión do transbordador espacial Endeavour, lanzada o 16 de maio de 2011 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-134, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Mark Kelly, o piloto Gregory H. Johnson e os especialistas de misión Michael Fincke, Greg Chamitoff, Andrew Feustel e Roberto Vittori.

O Endeavour, na súa viaxe final, levou o Espectrómetro Magnético Alfa (Alpha Magnetic Spectrometer, AMS) á estación para o estudo da antimateria, así como subministracións e equipamento diverso, incluíndo antenas para comunicación en banda S, un tanque de gas de alta presión e partes de reposto para Dextre. Durante a misión se levaron a cabo catro paseos espaciais.

O Endeavour volveu por última vez a terra en Cabo Cañaveral o 1 de xuño de 2011 ás 6:35 UTC.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour

Categoría:Programa STS