Antonio Núñez Vázquez, nado en Lugo, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria Funcionario de prisións. Destinado no Penal de Figueres, foi trasladado ao Cárcere Modelo de Lugo en 1922.El Norte de Galicia, 11-7-1922, p. 1. Na República militou no Partido Republicano Gallego, do que foi elixido membro do Comité Regional en outubro de 1932.El Compostelano, 26-10-1932, p. 1. Pasou a Izquierda Republicana e foi elixido vicesecretario do Consello provincial de Izquierda Republicana de Lugo.El Pueblo Gallego, 11-10-1935, p. 14. Foi recadador de cédulas persoais da Deputación de Lugo.El Progreso, 19-2-1936, p. 6 Foi candidato a compromisario para elixir o presidente da República en abril de 1936.El Pueblo Gallego, 24-4-1936, p. 13. Exiliado en Francia, foi xefe de relacións do Frente Liberador Gallego creado en Tolosa en 1944 e en decembro do ano seguinte foi nomeado secretario do Bloque Repubricán Nazonal Galego. Foi dado de baixa como oficial do corpo de prisións en 1939,BOE, 7-3-1939, p. 1321. e como consecuencia do proceso de depuración foi separado do servizo en abril de 1942.BOE, 21-4-1942, p. 2798.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes