Emilio García Silvero, nado na Coruña en 1977, é un avogado e directivo deportivo galego.

Traxectoria Licenciado pola Universidade de Estremadura e Doutor en Dereito pola Universidade Rei Xoán Carlos (sobresaínte cum laude), especializouse en dereito deportivo na Universidade de Lleida (Cataluña), Harvard (USA) e Science Po (Francia), con diferentes másteres en dereito e xestion deportiva. E autor de diferentes monografías e artigos de investigación a nivel nacional e internacional.

En 2004 comezou a traballar como director legal da Real Federación Española de Fútbol, posto que mantivo durante oito anos. Durante ese período formou parte tamén do Consello de Control e Disciplina da UEFA, e en 2012, foi nomeado Árbitro do Tribunal de Arbitraxe no Deporte de Lausana.

En 2012 foi nomeado xefe dos Servizos Disciplinarios e de Integridade da UEFA con Michel Platini, e árbitro do Tribunal Arbitral do Deporte (TAS) posto que se transformou en director xeral de Integridade baixo o mandato de Aleksander Čeferin en 2017, cando este foi elixido novo presidente da UEFA.

En 2014 foi condecorado polo Goberno de España coa Orde do Mérito Deportivo.

En febreiro de 2018 numerosos presidentes de clubs, federacións deportivas e dirixentes da Liga de Fútbol Profesional propón a García Silvero como Presidente da Federación Española de Fútbol, cargo que finalmente declinou aceptar para continuar a súa carreira internacional. En setembro de 2018 foi nomeado Director Legal da FIFA onde dirixe toda a actividade legal da Federación Internacional na súa sede de Zürich (Suíza).

Notas

Categoría:Directivos deportivos Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Estremadura