José Tenreiro López, nado cara a 1886 e finado en Ferrol o 16 de marzo de 1937, foi un sindicalista galego.
Traxectoria Pintor. Militante do PSOE, foi elixido concelleiro de Miño en 1931, e segundo tenente de alcalde na sesión constitutiva da corporación de principios de decembro dese ano presidida polo alcalde Rodrigo González Martínez.La Voz de Galicia, 5-12-1931, p. 8. Foi presidente da Sociedade de Agricultores e Oficios Varios de Leiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi fusilado no castelo de San Filipe de Ferrol o 16 de marzo de 1937.
Vida persoal Foi pai de Manuel Tenreiro Mosquera, que tamén foi fusilado.
Notas
Categoría:Concelleiros de Miño Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1886 Categoría:Nados en Galicia Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos