Broken Social Scene é un colectivo musical canadense de indie rock formado por Kevin Drew e Brendan Canning. A meirande parte dos seus membros tocan noutros grupos ou prexectos en solitario, principalmente da cidade de Toronto. Entre estas bandas asociadas están Metric, Feist, Stars, Apostle of Hustle, Do Make Say Think, KC Accidental, Emily Haines & The Soft Skeleton, Amy Millan e Jason Collett.
O son do grupo combina elementos de todos os proxectos dos seus membros, e ocasionalmente é considerado baroque pop. Inclúe grandes orquestracións con guitarras, ventos e violíns, estruturas das cancións infrecuentes e un estilo de rodución experimental e ás veces incluso caótico.
Discografía Álbum Ano Selo Feel Good Lost 2001 Noise Factory You Forgot It in People 2002 Paper Bag Broken Social Scene 2005 Arts & Crafts Forgiveness Rock Record 2010 Arts & Crafts Hug of Thunder 2017 Arts & Crafts Remember The Humans 2026 Arts & Crafts
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Notas
Categoría:Grupos musicais de Toronto Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de soul Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1999