O Soiuz U é un foguete espacial da antiga Unión Soviética e da actual Rusia derivado do mísil R-7 creado para lanzar tripulacións e carga á órbita baixa terrestre. Está formado por dúas etapas centrais rodeadas de catro foguetes aceleradores, unha configuración común para os foguetes da familia Soiuz. Foi usado por primeira vez durante o Proxecto de Probas Apolo-Soiuz na década de 1970 e máis tarde usado para lanzar unha variedade de cápsulas Soiuz, naves de carga Progress e diferentes tipos de satélites. É o foguete máis usado na Historia, con máis de 40 anos de uso continuado e máis de 700 lanzamentos á súa conta. O foguete pódese lanzar tanto desde o cosmódromo de Plesetsk como desde o de cosmódromo de Baikonur. Tódalas etapas do foguete usan queroseno e oxíxeno líquido. O foguete transpórtase en horizontal ata a rampla de lanzamento, onde é erguido previamente ao lanzamento.

Historial de lanzamentos