Norberto Fernández Serrano, nado en Vigo<ref>[http://tienda.elpatitoeditorial.com/gl/o-castelo-regadeira Ficha da obra O castelo Regadeira] no sitio web de El Patito Editorial.</ref> en 1967 é un debuxante e artista de banda deseñada galego. É irmán do tamén ilustrador Jacobo Fernández Serrano.

Traxectoria Os seus inicios foron como colorista da serie Aventuras do profesor Carbonato e Un misterio para Simón, esta última do debuxante Fausto. En 1998 comezou a súa andaina profesional como debuxante de cómic. Na década dos oitenta aparecen as súas bandas deseñadas, con guión de Carlos Portela, "Forest Hill" e "Guiney" nas páxinas do Atlantico Diario.Tamén traballou como caricaturista e humorista gráfico no diario deportivo Campeón. Entre os seus traballos destacan as colaboracións periódicas para a revista Golfiño (coa serie "O castelo Regadeira"). Tamén publicou cómics en El Víbora (coa serie "Broz"), Penthouse Comix e Eros Comix.

Traballou, a finais dos anos noventa, nos Estados Unidos: como entintador da serie X Files, portadista en Grimm Fairy Tales e como debuxante nas novelas gráficas Tattered man e Retrovirus (con guións de Jimmy Palmiotti e Justin Gray)Salienta no conxunto da súa obra o gusto pola figura feminina e o cariz caricaturesco.Ficha do autor en Guía del Cómic .

Obra Fábulas Benévolas La leyenda del caballero Quattrocento, (Dólmen editorial) A Coruña: 800 años de historia. Serie semanal publicada naVoz de Galicia El caballero despollado (Dolmen Editorial, 2003) Erika, la novia de la oscuridad (Dolmen Editorial, 2007) The River Gate O cajado de Daghda''

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Culturagalega.org. Blog do autor .

Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes