Primera Air foi unha aeroliña de vacacións pertencente a Primera Travel Group, unha compañía islandesa formada principalmente polos turoperadores nórdicos Solresor, Bravo Tours, Lomamatkat, Heimsferðir e Solia. O seu principal obxectivo era proporcionar servizos regulares aos turoperadores, ademais de realizar voos chárter.

Primera medrou a un ritmo constante e ofrecía voos dende o norte de Europa a máis de 70 destinos no Mediterráneo, Oriente Medio, Asia, o Caribe e o Atlántico.

No ano 2009 Primera Air creou a subsidiaria Primera Air Scandinavia baixo un certificado de operador aéreo danés, e en 2014 engadiu un certificado lituano baixo o nome Primera Air Nordic.

Frota Frota de Primera Air Scandinavia En outubro de 2017 a frota de Primera Air Scandinavia estaba formada polos seguintes avións: + Primera Air Scandinavia FleetAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalAirbus A321neo—816182198Avións para operar rutas transatlánticas a partir de 2018.Airbus A321LR—216182198Cliente de lanzamentoBoeing 737-8002——189189Boeing 737 MAX 9—8TBAOpcións de compra por 4 avións máisOpcións de alugamento para 8 avións máis.Total218

Frota de Primera Air Nordic En setembro de 2017 a frota de Primera Air Nordic estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Primera Air NordicAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalBoeing 737-7002——148148Boeing 737-8005——189189Total7—

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Notas

Categoría:Aeroliñas de Islandia Categoría:Aeroliñas de Letonia Categoría:Aeroliñas de Dinamarca