miniatura|Falante de lingua crow. A lingua crow (na propia lingua: apsáalooke) é unha lingua síux do val do Missouri falada polo pobo crow, que no presente habita en Montana. O termo apsáalooke quere dicir "fillos da ave do gran peteiro." É unha das linguas indíxenas de América do Norte con maior número de falantes, arredor de 3 500 (2007). O crow está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Clasificación O crow está estreitamente relacionado coa lingua hidatsa falada polos hidatsa e as dúas linguas son os únicos membros da póla síux do val de Missouri.Silver and Miller 1997: 367.Graczyk, 2007: 2 O devanceiro do crow-hidatsa puido constituír a división principal do protosíux. O crow e o hidatsa non son mutuamente intelixibles, mais as dúas linguas comparten trazos fonolóxicos comúns, e teñen unha morfoloxía e sintaxe semellantes. A división entre o crow e o hidatsa puido ter ocorrido hai 300 ou 800 anos.Graczyk, 2007: 2-3.Matthews, 1979: 113-25.Hollow and Parks, 1980: 68-97.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Graczyk, R. 2007. A Grammar of Crow: Apsáaloke Aliláau. Lincoln, NE: University of Nebraska Press. Hollow, R.C., Jr.; Douglas R. Parks. Studies in Plains linguistics: a review. In Anthropology on the Great Plains, ed. W. Raymond Wood e Margot Liberty. Lincoln, NE: University of Nebraska Press. Kaschube, D.V. 1978. Crow Texts. IJAL-NATS Monograph No. 2. Chicago, IL: University of Chicago Press. Kaschube, D.V. 1963. Structural Elements of Crow. Doctor of Philosophy Dissertation, Department of Anthropology, Indiana University, xuño de 1960. Ann Arbor, MI: University Microfilms. Kaschube, D.V. 1967. Structural Elements of Crow. Boulder, CO: University of Colorado Press. Lowie, R.H. 1945. The Crow Language: Grammatical Sketch and Analyzed Text. American Archaeology and Ethnology, 39 (1942–1945):1-139. Berkeley e Os Ánxeles, CA: University of California Press. Lowie, R.H. 1960. Crow Texts. Berkeley e Os Ánxeles, CA: University of California Press. Lowie, R.H. 1960. Crow Word Lists. Berkeley e Os Ánxeles, CA: University of California Press. Matthews, G.H. 1979. "Glottochronology and the separation of the Crow and Hidatsa." In Symposium on the Crow-Hidatsa Separations, ed. by Leslie B. Davis. Bozeman, MT: Montana Archaeological Society. Silver, S. & W.R. Miller. 1997. American Indian Languages: Cultural and Social Contexts. Tucson: The University of Arizona Press.
Categoría:Linguas síux Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas