Acurralado (en ) é un filme estadounidense de acción dirixido por Ted Kotcheff que se estreou en 1982. Foi coescrito e protagonizado por Sylvester Stallone no papel de John Rambo, un veterano da guerra de Vietnam que debe empregar as súas habilidades de combate e supervivencia para loitar contra a aplicación abusiva da lei nunha vila pequena. Baséase na novela de David Morrell First Blood e é o primeiro título da franquía Rambo. Brian Dennehy e Richard Crenna tamén aparecen en papeis secundarios.

O filme foi estreado nos Estados Unidos o 22 de outubro de 1982. Malia as críticas diversas, foi un éxito de recadación con máis de $47,2 millóns. Dende a súa estrea, Acurralado foi eloxiado polas personaxes interpretadas por Stallone, Dennehy e Crenna, e recoñeceuse a súa influencia no xénero de acción. Tamén se converteu nun filme de culto. O seu éxito motivou tres secuelas (todas elas coescritas e protagonizadas por Stallone), a serie animada Rambo: The Force of Freedom, banda deseñada, novelas e un remake de Bollywood. Un quinto filme, orixinalmente titulado Rambo: Last Stand, foi cancelado en xaneiro de 2016 cando Stallone dixo que non retomaría a personaxe.

Personaxes 250px|esquerda|miniatura|John Rambo. Sylvester Stallone como John Rambo Richard Crenna como Coronel Sam Trautman Brian Dennehy como Sheriff Will Teasle Bill McKinney como Dave Kern Jack Starrett como Art Galt Michael Talbott como Balford Chris Mulkey como Ward John McLiam como Orval Alf Humphreys como Lester David Caruso como Mitch David L. Crowley como Shingleton Don MacKay como Preston

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ted Kotcheff Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de Carolco Pictures Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes de Orion Pictures Categoría:Filmes de 1982 con versión en galego