Brandon Xavier Ingram, nado o 2 de setembro de 1997 en Kinston, Carolina do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2016, Ingram foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Los Angeles Lakers. O 23 de agosto de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Lakers. Debutou cos Lakers o 26 de outubro de 2016, saíndo dende o banco e anotando 9 puntos na vitoria por 120-114 ante os Houston Rockets.
O 6 de xullo de 2019, Ingram foi traspasado xunto a Lonzo Ball, Josh Hart, os dereitos de De'Andre Hunter e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós New Orleans Pelicans, a cambio de Anthony Davis.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados no condado de Lenoir, Carolina do Norte Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans