Soiuz T-10 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 8 de febreiro de 1984 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz T-10, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Leonid Kizim, Oleg Atkov e Vladimir Soloviov a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7.
Á chegada a estación estaba escuras e a tripulación adicouse a reactivala. o 22 de febreiro chegou a Progress 19 con subministracións e o 4 de abril chegou a Soiuz T-11 con outros tres cosmonautas, entre elos Rakesh Sharma, o primeiro cosmonauta indio, que marcharon na nave Soiuz T-10 o 11 de abril, deixándolles a súa á tripulación permanente.
Nos meses seguintes a estación foi recibindo novas naves Progress mentres a tripulación facía experimentos e reparacións ata a chegada da Soiuz T-12 o 18 de xullo. Os cosmonautas da misión Soiuz T-10 regresaron a terra o 2 de outubro de 1984 ás 10:57 GMT na Soiuz T-11.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Saliut 7 Soiuz T Soiuz T-11 Soiuz T-12
Categoría:Programa Soiuz