Langøya é a terceira illa máis grande de Noruega (agás Svalbard), cunha superficie de 850´2 km². A illa forma parte do arquipélago Vesterålen e está situada no condado de Nordland. A illa inclúe os municipios de Bø e Øksnes así como partes dos municipios de Sortland e Hadsel.

A grande illa Hinnøya atópase ao leste (no outro lado do Sortlandssundet). A illa de Andøya atópase ao nordés. A pequena illa Skogsøya atópase ao noroeste. A illa Hadseløya atópase ao sur. Hai varios lagos na illa incluíndo Alsvågvatnet. O Eidsfjorden divide a illa case pola metade. A illa ten dúas pontes que a conectan con Hadseløya e Hinnøya a través da ponte de Hadsel e da ponte de Sortland.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Categoría:Illas de Noruega