Gartnait (tamén coñecido como Gartnait mac Domnaill ou Gartnait mac Dúngail) (morto en 663) foi rei do pictos dende o 657 até o 663.

Sucedeu a Talorgan mac Enfret despois da súa morte no ano 657. A crónica picta atribúelle un reinado de seis ou seis anos e medio, correspondendo coa nova da súa morte nos Anais do Ulster e nos Anais de Tigernach en 663.

A lista de reis sinala que foi sucedido polo seu irmán Drest VI.

Véxase tamén Bibliografía Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History A.D 500–1286, volume 1. Paul Watkins, Stamford, 1990. ISBN 1-871615-03-8

Categoría:Finados en 663 Categoría:Reis dos pictos