Arde amor é unha película galega dirixida por Raúl Veiga no ano 1999.
Argumento Unha parella, Lucio (Miguel Pernas) e Rosa (María Bouzas), remata coas súas vidas a consecuencia dun pacto de morte; Ranxel (Chete Lera), amigo de Lucio, non o dá evitado. A traxedia conmociona a Luís (Sergi López) e Modia (Rosana Pastor), os anteriores amantes de Rosa e Lucio. Despois de moito tempo sen se veren, Luís procura a Modia para que lle axude a entender toda a traxedia.
Recepción Recibiu críticas mixtas da prensa especializada e dos usuarios en plataformas como IMDb e Letterboxd. Mentres algúns críticos, como os de El País, cualificaron a película de "colección de frases profundas, excesivamente literarias e de escasa verosimilitude". En Letterboxd, en troques recibe unha profunda análise “cada personaxe arde na súa propia forma de amor: o que non soporta a perda, o que se constrúe sobre as ruínas doutros, o que non tolera non ser correspondido” e é valorada pola súa carga emocional e a intensidade poética das súas escenas, sendo considerada “máis artística que para todo o público, pero altamente recomendada”.
Proxección O filme recibiu os seguintes premios e distincións: Premio á mellor actriz (Rosana Pastor) na XX Mostra Cinema del Mediterrani (1999), festival recoñecido pola F.I.A.P.F. Premio na categoría “low-budget” na WorldFest Flagstaff de Arizona (1999). Gran Premio do Xurado á mellor película estranxeira no Bare Bones Film Festival de Oklahoma (2000). Premio AGAPI 2000 ao mellor guión. Premio AGAPI 2000 á mellor montaxe. Premio AGAPI 2000 á mellor produción. Arde amor foi seleccionado tamén, entre outros, para os seguintes festivais internacionais: Fort Lauderdale International Film Festival 1999 (competición oficial “foreign film”). XX Festival Internacional de Cine de Porto/Fantasporto 2000 (competición oficial “Semana dos realizadores”), festival recoñecido pola F.I.A.P.F. New York International Independent Film & Video Festival 2000.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
https://elpais.com/diario/1999/10/17/cvalenciana/940187897_850215.html https://www.imdb.com/es-es/title/tt0220313/?ref_=ttrt_ov_i https://letterboxd.com/brunobellas_/film/arde-amor/
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia