Mimosas é un filme dramático dirixido e co-escrito por Óliver Laxe que se estreou no ano 2016. O filme é a segunda longametraxe de Laxe, sendo descrita por el mesmo como 'un western místico'. Trátase dunha coprodución entre Galicia, Marrocos, Francia e Qatar. Foi estreado na sección "semana da crítica" Festival de Cannes de 2016 onde gañou o Gran Premio.
Rodado orixinalmente en lingua árabe, estreouse dobrado en galego o 26 de xullo de 2020 a través da TVG. A directora de dobraxe foi Charo Pena.
Sinopse Seguindo a última vontade dun venerado xeque marroquí de ser soterrado nas ruínas de Sijilmasa, dous homes ofrécense para levar o corpo alén dos cumios do Cordal do Atlas, malia que todos dubidan das súas verdadeiras intencións.
Personaxes Ahmed Hammoud como Ahmed Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández Shakib Ben Omar como Shakib Voz da dobraxe galega de Carlos Jiménez Said Aagli como Saïd Voz da dobraxe galega de Matías Brea Ikram Anzouli como Ikram Ahmed El Othemani como Mohammed Hamid Fardjad como Sheikh Margarita Albores como Noor Abdelatif Hwidar como Guía
Produción En The Sky Trembles and the Earth is Afraid and the Two Eyes are not Brothers (2015) Ben Rivers mestura documental (un "como se fixo" de Mimosas) con ficción (adaptación dun relato de Paul Bowles, "A Distant Episode"). Óliver Laxe fai de si mesmo na primeira parte e incorpórase como protagonista na ficción da segunda parte.
Acollida O filme obtivo recensións positivas por parte da crítica especializada. Na páxina web Rotten Tomatoes, o filme conta cunha valoración do 88%.Mimosas Rotten Tomatoes. Consultado o 3 de novembro de 2018. Jonathan Romney de Screen Daily afirmou que o filme «fai un uso abraiante dun elenco non profesional» e refiríndose ó director, asegurou que «Laxe ten un ollo infalible para as caras que contan unha historia».Mimosas review Screen Daily. Consultado o 3 de novembro de 2018.
Ben Keingsberg da revista Variety afirmou que «o filme combina reflexións espirituais e paisaxes asombrosas».Mimosas review Variety. Consultado o 3 de novembro de 2018. Peter Bradshaw de The Guardian referiuse ó filme da seguinte maneiraː «Certas escenas parecen improvisadas no lugar e hai algo exasperantemente non comprometedor e provisional ó respecto. Pero certamente vense marabillosas».Mimosas review The Guardian. Consultado o 3 de novembro de 2018. No ano 2017, Mimosas foi escollido entre os mellores filmes do ano polo crítico de cine de The New Yorker Richard Brody, aparecendo na súa lista no posto 33.
Galardóns e nomeamentos O filme gañou o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes en 2016 e o Premio Especial do Xurado no Festival de Sevilla, onde tamén acadou unha mención especial ó mellor son e montaxe.
Festival de Cannes Ano Categoría Resultado2016Gran Premio da Semana da Crítica Gañador
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Resultado15ª ediciónMellor director GañadorMellor filmeNomeadoMellor guiónNomeadoMellor dirección de produción GañadorMellor sonNomeado
Estrea caseira A estrea en DVD e Blu-ray produciuse o 14 de decembro de 2017. Esta edición conta con opción de subtitulado en galego e castelán, xa que os diálogos son en árabe. O contido extra inclúe a curtametraxe París #1 (2007), a primeira obra de Laxe con certa repercusión, o tráiler e mais o diario de rodaxe A debilidade de crer, obra do guionista Santiago Fillol que conta as condicións da rodaxe no Cordal do Atlas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en Zeitun Films
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Marrocos Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Qatar Categoría:Filmes dirixidos por Óliver Laxe Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego