Soiuz 22 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de setembro de 1976 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz 22, unha Soiuz modelo 7K-MF6 cos cosmonautas Valeri Bikovski e Vladimir Aksionov a bordo, foi lanzada para facer observacións da Terra mediante unha cámara multiespectral fabricada por Carl Zeiss, así como con outros instrumentos. A nave era a xemela e sustituta da Soiuz 19 para a misión ASTP en caso dun problema con esta.

A Soiuz 22 volveu a terra despois de case 8 días en órbita, aterrando a 150 km ao noroeste de Astana (Kazakhstán) o 23 de setembro de 1976 ás 7:42 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz U Soiuz 19 ASTP

Notas

Categoría:Programa Soiuz