O aeroporto de Kiruna (IATA: KRN, ICAO: ESNQ) é o aeroporto máis ao norte de Suecia. Atópase a dez quilómetros do centro da cidade de Kiruna. No ano 2011 pasaron polas súas intalacións 164 103 pasaxeiros.
O aeroporto de Kiruna é o destino elixido para o proxecto Spaceport Sweden. Spaceport Sweden é unha empresa conxunta entre a Swedish Space Corporation, o Hotel de xeo de Jukkasjärvi, LFV Group e Progressum, que ten como obxectivo converter o aeroporto nun porto espacial para viaxes espaciais suborbitais turísticos. A empresa agarda que unha vez comecen as operacións Virgin Galactic converta o aeroporto na súa segunda base.
Aeroliñas e destinos
Notas
Kiruna