O complexo de Ordes é unha megaestrutura alóctona, ou un klippeklippe, klippen (pl.), do alemán "cantil". ou illa tectónica, característica de Ordes, no noroeste do macizo ibérico e na zona xeolóxica de Galicia e Trás-os-Montes. Ten unha forma semielíptica, cuns 135 km de longo e 75 km de ancho, e segue unha dirección de norte a sur nese sector central galego do macizo. Este complexo limita polo leste co dominio do Ollo de Sapo. Outros complexos alóctonos como este son os de Cabo Ortegal, Braganza, Morais e a banda que recorre o litoral de Malpica a Tui. O característico do complexo de Ordes é o seu conxunto de metasedimentos con orixes en condicións intermedias de presión, de carácter flyschoide e coñecidas como serie de Ordes. Esta serie é en esencia detrítica, e foi resultado dunha erosión e deposición nos arredores de facies flysch cunha posterior intrusión granítica (gabros e granitoides).

Fórmana unha sucesión monótona de xistos verdes na súa parte máis alta e facies de granulitas na parte basal. Os seus cuarzos son angulosos e as plagioclasas non mostran alteración. Son froito dunha metamorfose de sedimentos cunha orixe detrítica e de arxilas e que aconteceu no herciniano, desde aproximadamente o precámbrico alto ou silúrico ata o cámbrico inferior.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ollo de Sapo

Categoría:Xeoloxía de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes