Fernando Buyser y Aquino, nado en Kalunangan o 30 de maio de 1879 e finado en Mainit o 16 de novembro de 1946 foi un escritor e sacerdote filipino, bispo da Igrexa Filipina Independente.
Traxectoria Medrou na localidade de Caridad, preto de Baybay. En 1905 a Igrexa Filipina Independente ordenouno sacerdote e serviu en Cebú ata 1930 ao ser consagrado por Gregorio Aglipay bispo da diocese de Cebú, despois foino de Bohol, Leyte, Samar, Masbate e Surigao e presidente do Consello Supremo de Bispos.
Escritor en cebuano, o seu primeiro poema data de 1906. A súa poesía é principalmente de carácter místico e moral "Fernando Buyser" en Cebuano Studies Center. Foi o introdutor do sonanoy un estilo que combina a balak tradicional coa formas poéticas occidentais, e máis concretamente co soneto español, a súa obra exerceu unha grande influencia na súa época e na seguinte xeración de poetasMarjorie Evasco "Song and Substance: The Poetry of Fernando Buyser" Philippine Quarterly of Culture and Society Vol. 31, Nº. 4, SPECIAL ISSUE: CEBUANO LITERARY STUDIES (2003), pp. 307-330.
Obras Mga Awit sa Kabukiran (antoloxía de poesía tradicional, 1912) Si Christo Gikawat (teatro, 1912) Lucia (teatro, 1912) Baile oficial (teatro, 1913) Mga Sugilanong Karaan (antoloxía de poesía tradicional, 1913) Mga Damgo sa Usa Ka Pari (relatos, 1913) Panimolus sa Isa Ka Aswang (novela curta, 1923) Dungog sa Kamatayon (relatos, 1923) Kasingkasing sa Magbabalak (poesía, 1938), Kasakit ug Kalipay (poesía, 1940), Balangaw (poesía, 1941), Notas
Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Nados en Filipinas Categoría:Escritores en lingua cebuana Categoría:Bispos da Igrexa Filipina Independente