Death Note é un filme estadounidense de suspense de fantasía negra baseado no manga xaponés homónimo creado por Tsugumi Ohba e Takeshi Obata. Foi dirixido por Adam Wingard, producido por Roy Lee, Dan Lin e Masi Oka e escrito por Charles Parlapanides, Vlas Parlapanides e Jeremy Slater. Está protagonizado por Nat Wolff, Lakeith Stanfield, Margaret Qualley, Shea Whigham, Paul Nakauchi, Jason Liles e Willem Dafoe. O filme conta a historia dun mozo de instituto de Seattle chamado Light Turner, que atopa un misterioso caderno co nome "Death Note". Con el, descobre a existencia dun terrorífico deus da morte chamado Ryuk que lle ensina como empregar o caderno, xa que é quen de causar a morte de calquera cuxo nome estea escrito nel. Light decide usar o caderno con boas intencións, pero é perseguido por un espelido detective simplemente coñecido como L, que quere capturar a Light polas súas accións.

Foi estreado en Netflix o 25 de agosto de 2017. Recibiu críticas dispares e unha acollida negativa por parte da audiencia. Foi eloxiado pola escolla dos actores, particularmente pola interpretación de Dafoe, alén do seu director, estilo visual e atmosfera. Porén, o guión do filme foi especialmente criticado así como a escolla de actores brancos en papeis xaponeses.

Personaxes Nat Wolff como Light Turner / "Kira" Lakeith Stanfield como L Margaret Qualley como Mia Sutton / "Kira" Shea Whigham como James Turner Paul Nakauchi como Watari Willem Dafoe e Jason Liles como Ryuk

Notas

Véxase tamén Outros artigos Death Note Ligazóns externas

Categoría:Death Note Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Adam Wingard Categoría:Filmes de Netflix